Utilización de información medioambiental

Curso Complementario

Ámbito: CienciasCódigo: C3102101

Inicio e fin

19/07/2021 – 23/07/2021

Modalidade

Presencial

Duración

20 horas

Campus

Vigo

20 prazas

 

Descrición

Curso de primeiro nivel dirixido á sociedade en xeral, persoas que poden non ter unha titulación específica, interesadas en acceder a información oceanográfica e ambiental. Tamén dirixido a usuarios locais e administracións, xa sexa polas súas actividades de lecer, recreativas, deportivas ou profesionais (pesca, acuicultura, enerxías renovables, turismo, xestión do litoral e do medio mariño, transporte marítimo…), en definitiva, calquera persoa que senta ou atope con responsabilidade social no sector do mar.

 

Director/a académico

986812550 | decanatoccdomar@uvigo.es

Entidade organizadora

Facultade de Ciencias do Mar
Rua das Abelleiras s/n

Período de preinscrición:

26/04/2021 – 07/05/2021

Período de matrícula:

07/06/2021 – 02/07/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

20 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Facultade de Ciencias do Mar

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
30,00 € 30,00 € 30,00 €

 

Obxectivos

  • Obter información ambiental, mariña e costeira en bases de datos e redes de observación contrastadas, tanto de datos reais oceanográficos e meteorolóxicos, como de datos proporcionados por modelos
  • Utilizar a información: Elaborar produtos (mapas, gráficas de series temporais..)
  • Interpretar a información de primeiro nivel, que lle permita planificar a actividade relacionada co medio mariño
  • Manexar ferramentas relacionadas co crecemento azul

 

Destinatarios

O curso está aberto a perfís diversos co fin de reciclar e capacitar cara á empregabilidade ou a mellora da empregabilidade en profesións relacionadas directa ou indirectamente coa economía azul.

En particular, o curso está aberto para os seguintes perfís:

  1. Titulados/ as en Bacharelato ou Formación Profesional de calquera disciplina
  2. Alumnos/as de grao, mestrado ou equivalente pertencentes a calquera facultade ou escola
  3. Profesionais relacionados ou con interese na especialidade

 

Condicións de acceso

  1. Membros da comunidade universitaria
  2. Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudos mínimos equivalentes a 2º de bacharelato

 

Criterios de selección

Por orde de matrícula

 

Calendario

Luns 28 de xuño a venres 2 de xullo de 10.00 a 14.00 h.

Lugar de Celebración: Aula de informática 2 da Facultade de Ciencias do Mar.

Aula integra: o profesor en presencial e os estudantes en calquera modalidade (presencial ou virtual). Postos totais 24. Postos COVID 21.

Biombos de separación individual. Computadores portátiles instalados con internet 21 (+1 do profesor).

Soporte informático para instalación de software: Carlos Román.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Descrición das variables ambientais.

Variabilidade espaciotemporal: Variables atmosféricas.

Variables oceanográficas.

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Explotación e Desenvolvemento da información ambiental: Plataforma Portus.

Quantunm GIS.

Infraestruturas de distribución de datos.

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 30,00 €. O pagamento farase preferiblemente por tarxeta.
Tamén pode facerse efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome e o código do curso, ademais do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

 

Sistema de avaliación

Por asistencia ás sesións do curso.

 

Titulación

A participación nos ensinos correspondentes a cursos complementarios dará dereito á obtención dun diploma de asistencia expedido pola Universidade de Vigo.