Competencias transversais para o futuro laboral

Curso Complementario

Ámbito: TransversalCódigo: C3052101

Inicio e fin

07/06/2021 – 19/07/2021

Modalidade

Semipresencial

Duración

75 horas

Campus

Vigo

30 prazas

 

Descrición

O curso de Competencias Transversais para o futuro laboral é produto do proxecto de innovación educativa Erasmus+ UNIFORS 2020 e proporciona un adestramento básico nas oito competencias transversais máis demandadas polo tecido empresarial.

É un curso semipresencial, de balde, e aberto a estudantes de calquera titulación da Universidade de Vigo.

Entre os participantes, seleccionarase a oito persoas para asistir a unha International School en Liexa (Bélxica), con estudantes das universidades de Bélxica, Polonia, Portugal e Rumanía participantes no proxecto.

 

Director/a académico

647343128 | inhigo@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Rúa Maxwell, s/n

Período de preinscrición:

01/04/2021 – 28/05/2021

Período de matrícula:

01/05/2021 – 31/05/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

75 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Campus de Vigo e Moovi

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Destinatarios

Estudantes da Universidade de Vigo, de calquera titulación de grao ou mestrado, que estean matriculados nunha titulación no curso 2020/21. Entre os asistentes ao curso (e os da primeira edición) seleccionaranse oito estudantes que participarán nun curso internacional de balde sobre a mesma temática, en Liexa (Bélxica), en setembro de 2021 (datas a confirmar), a cargo do proxecto Erasmus+ UNIFORS 2020.

Neste curso avanzado participacirán estudantes de Portugal, Polonia, Rumanía, Bélxica e España. Establecerase un procedemento coordinado coa OPI para a selección dos/as participantes no curso internacional.

 

Condicións de acceso

Membros da comunidade universitaria, con prioridade aos estudantado de calquera grao ou mestrado na Universidade de Vigo.

 

Criterios de selección

  1. Estar matriculado no curso 2020/21 nalgún grao ou máster da Universidade de Vigo
  2. Orde de inscrición, garantindo a representación equilibrada de xénero

Para a selección dos 8 estudantes participantes no curso internacional en Liexa (Bélxica), haberá unha convocatoria específica da OPI entre os participantes neste curso complementario

 

Calendario

Haberá dúas sesións presenciais, no campus de Vigo:

  • 14/06/2021, de 11.00 a 13.30 h (módulo 1)
  • 21/06/2021, de 11.00 a 13.30 h (módulo 8)

O resto do curso será impartido en liña, con contidos teóricos e prácticos, incluíndo a resolución de tests de autoavaliación, de xeito asíncrono (cada quen, cando poda). Os alumnos deberán, ademais, propoñer solucións, baseadas nas competencias transversais traballadas, a un caso de estudo que se lles plantexará na sesión do derradeiro módulo.

  • 19/07/2021, fin do prazo de entrega de respostas de solucións aos casos de estudo

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

M1. Traballo en equipo

M2. Comunicación interpersonal

M3. Xestión do tiempo

M4. Pensamento crítico

M5. Pensamento analítico

M6. Pensamento creativo

M7. Toma de decisiones

M8. Resolución de problemas

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

P1. Traballo en equipo

P2. Comunicación interpersonal

P3. Xestión do tiempo

P4. Pensamento crítico

P5. Pensamento analítico

P6. Pensamento creativo

P7. Toma de decisiones

P8. Resolución de problemas

Caso de estudo

 

Modo de pagamento

A matrícula é de balde.

 

Sistema de avaliación

As actividades terán unhas probas de avaliación on-line, que servirán para avaliar o desempeño do curso.

 

Titulación

A participación nas ensinanzas correspondentes a cursos complementarios dará dereito á obtención dun diploma de asistencia expedido pola Universidade de Vigo