Didáctica da ficción e creación literaria

Diploma de curso avanzado de posgrado

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1059/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades

Inicio e fin

04/09/2023 – 15/11/2023

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

8.0 ECTS

Estado

Preinscrición

35 prazas

 

Descrición

Neste curso, as persoas participantes comprenderán os trazos da literatura e a súa singularidade como forma específica de coñecemento; identificarán e aprenderán a empregar os elementos estruturais da narrativa, exercitándose no recoñecemento do subtexto na ficción e en calquera discurso escrito. 

Voltar a gozar do pracer da escritura como expresión creativa.

As seccións teóricas do curso concíbense en dúas direccións. A primeira ten como función explicar a singularidade da linguaxe literaria e os diferentes elementos estruturais da narrativa, con exemplos tomados de textos da literatura universal. A segunda dirección consiste na lectura e comentario de relatos breves das letras galegas que conteñen elementos narrativos e motivos paradigmáticos da literatura de todas as épocas e linguas. 

As seccións prácticas están concibidas para estimular e dirixir aos asistentes con vistas á creación, reelaboración e pulido de fragmentos narrativos e textos literarios que plasmen os diferentes coñecementos adquiridos nas seccións teóricas previas.

Aquí poderedes ler unha nova no DUVI que fala do programa “preme aquí”

 

Director/a:

Ana Maria Iglesias Alvarez, José Ramón Gutiérrez Izquierdo

Teléfono contacto:

636694616

Email contacto:

ramong@uvigo.es

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/02/2023 – 31/08/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
01/03/2023 – 02/09/2023

Inscrición / Matrícula

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

90 horas

Docencia non presencial

120 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

Facultade de Educación e Traballo Social, campus de Ourense

 

Horario

Luns, martes e mércores de 19.00 a 21.30 horas.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
80 € 72 € 68 €

Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 68,00 €. Subir documentación á aplicación no prazo de matrícula (instrucións)

 

Obxectivos

  1. Comprender os trazos da literatura e a súa singularidade como forma específica de coñecemento
  2. Identificar e saber empregar os elementos estruturais da narrativa
  3. Exercitarse no recoñecemento do subtexto na ficción e en calquera discurso escrito
  4. Apreciar a dialéctica entre tradición e renovación no discurso narrativo
  5. Valorar o xénero do conto literario
  6. Adquirir ou recuperar o pracer da escritura como expresión creativa
  7. Contrastar o propio punto de vista co dos outros diante da mensaxe literaria

 

Destinatarios

  • Persoas que cumpran os requisitos de acceso ao título de mestrado propio (artigo 26 do Regulamento dos Programas de Formación Permanente da Uvigo)
  • Persoas que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES

 

Criterios de selección

  1. Estudantes e graduados do campus de Ourense
  2. Estudantes e graduados pola universidade de Vigo.
  3. Estudantes e graduados doutras universidades.

As persoas aceptadas por orde de preinscrición poderán facer a matrícula unha vez aberto o prazo.

A fin de que non queden prazas libres, se unha vez feita a matrícula non se fai o pagamento correspondente no prazo de sete días hábiles, a dirección do curso pode anular esa matrícula impagada e dar entrada a outra persoa preinscrita.

As persoas que non poidan facer o curso debido a que haxa máis solicitudes que prazas, poden enviar un correo a ramong@uvigo.es para que se teña en conta a súa preferencia nunha edición posterior deste curso avanzado de posgrao.

 

Materias

id nome caracter créditos
200274 La literatura. Elementos narrativos. Temas, motivos y estilos literarios Obligatoria 3.0
200275 Didáctica de la narración y creatividad Obligatoria 1.0
200276 Práctica de la creación literaria Obligatoria 1.5
200277 Lectura, corrección y comentarios de ejercicios narrativos Obligatoria 2.5

 

Titulación

Diploma de curso avanzado de posgrao en didáctica da ficción e creación literaria