Diploma de curso avanzado de posgrado
Ámbito: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñaría civilCódigo: TCS:1031/2
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
10/02/2023 – 15/05/2023
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
7.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
En España, preto de 10 millóns de vivendas necesitan rehabilitación.
Con este curso en liña preténdese ofrecer ao alumno unha visión ampla das últimas técnicas existentes para acadar a eficiencia enerxética nos edificios, especialmente á hora de planificar a súa rehabilitación.
Para iso introdúcese no mundo do BIM e como se pode utilizar para calcular o aforro en demandas enerxéticas, así como para a certificación dos edificios e o seu cumprimento do Código Técnico da Edificación (CTE).
Seguirase explicando as diferentes medidas pasivas que se están aplicando na actualidade, xunto con ferramentas que permitan calculalas, executalas e orzamentalas. Céntrase, especialmente, no illamento e redución de pontes térmicas.
O bloque de medidas activas introduce o alumno no mundo da monitorización de edificios e a súa relación coas instalacións, especialmente térmicas. Tamén se propón o cálculo e orzamento de instalacións de ventilación mecánica, que contribúan a acadar os obxectivos previstos no CTE. Este bloque tamén inclúe unha introdución ao mundo das instalacións fotovoltaicas, con ferramentas de cálculo que achegan o potencial fotovoltaico dos edificios. Se explica tamén como dimensionar unha instalación de calefacción e ACS mediante bomba de calor. Nun último capítulo deste bloque móstrase como afecta a carga do vehículo eléctrico á instalación eléctrica dos aparcamentos do edificio.
Ao final do curso ensínase ao alumno como optar ás axudas de rehabilitación de vivendas.
Director/a:
Pablo Eguia Oller
Entidade organizadora:
Escuela Abierta de Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
26/12/2022 – 07/02/2023
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
16/01/2023 – 10/02/2023
Modalidade
Docencia presencial/virtual
70 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Horario
Venres de 16 a 20 horas y sábados de 9:30 a 13:30 horas
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
400 € | 360 € | 340 € |
Observacións aos prezos
Prezo xeral: 400 ? Comunidade Alumni UVigo:360 ? Comunidade Universitaria UVigo: 340 ? Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 340 ? (subir documentación á aplicación no prazo de matrícula) Instrucións para subir documentación: http://eafp.uvigo.gal/docs/Instrucions_adxuntar_imprimir_documentación.pdf Precio general: 400 ? Comunidad Alumni UVigo:360 ? Comunidad Universitaria UVigo: 340 ? Personas en situación de desempleo o con discapacidad: 340 ? (subir documentación a la aplicación en el plazo de matrícula) Instruciones para subir documentación: http://eafp.uvigo.gal/docs/Instrucions_adxuntar_imprimir_documentación.pdf
Obxectivos
Preténdese que os estudantes sexan capaces de realizar a certificación e etiquetaxe enerxético dunha vivenda, de desenvolver e aplicar medidas tanto pasivas como activas de eficiencia enerxética, de deseñar, calcular e orzar todas as instalacións presentes na rehabilitación dunha edificación (ventilación, térmicas, fotovoltaicas, vehículo eléctrico,…) e tramitar as subvencións necesarias, especialmente as baseadas en enerxías renovables.
Destinatarios
O curso foi plantexado para técnicos interesados na eficiencia enerxética dos edificios: arquitectos e enxeñeiros. O enfoque de cada tema é introducir metodoloxías e tecnoloxías novedosas, polo que non é necesaria experiencia profesional previa. Así, tamén poden ser destinatarios deste
Saídas Profesionais
Ao final do curso, o alumno adquirirá os coñecementos para poder acometer proxectos de rehabilitación de edificios dende o punto de vista enerxético. Coñecerá as ferramentas informáticas que lle permitan modelar edificios, calcular cualificacións enerxéticas, cumprimento do código técnico da edificación (HE1 e HE0), cálculos de pontes térmicas, medidas pasivas, instalacións fotovoltaicas, instalación de bombas de calor, ventilación mecánica controlada e monitorización de edificios.
Competencias Específicas
Comprensión e dominio dos conceptos sobre aforro e eficiencia enerxética, así como xestión da mesma e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da arquitectura e da enxeñaría enerxética.
Capacidade para a innovación no desenvolvemento de novas liñas, proxectos e produtos no campo da Enxeñaría enerxética.
Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector.
Concibir a enxeñaría nun marco de desenvolvemento sustentable con sensibilidade cara temas medioambientais.
Aplicar coñecementos relacionados coa arquitectura e a enxeñaría nun único proxecto edificatorio de viabilidade económica e enerxética.
Competencias Transversais
Capacidade de interrelacionar tódolos coñecementos adquiridos, interpretándoos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna.
Capacidade de desenvolver un proxecto completo en calquera campo desta enxeñaría, combinando de forma adecuada os coñecementos adquiridos, accedendo ás fontes de información necesarias, realizando as consultas precisas e integrándose en equipos de traballo interdisciplinar..
Capacidade de actualizar os coñecementos máis novedosos no desenvolvemento profesional.
Condicións de acceso
1) Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao 2) Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES 3) Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao 4) Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES 5) Ser profesionais de recoñecida e acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente
Criterios de selección
A adxudicación das prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición e pagamento das taxas de matrícula ata esgotar as prazas dispoñibles.
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200168 | BIM Server Center I | Obligatoria | 0.5 |
200171 | BIM server center II | Obligatoria | 0.4 |
200172 | Medidas pasivas I | Obligatoria | 0.4 |
200174 | Medidas pasivas II | Obligatoria | 0.4 |
200175 | Medidas pasivas III | Obligatoria | 0.4 |
200176 | Medidas pasivas IV | Obligatoria | 0.4 |
200177 | Monitorización | Obligatoria | 0.3 |
200178 | Ventilación mecánica | Obligatoria | 0.4 |
200179 | Instalaciones fotovoltaicas I | Obligatoria | 0.4 |
200180 | Instalaciones fotovoltaicas II | Obligatoria | 0.4 |
200181 | Bomba de calor | Obligatoria | 0.4 |
200182 | El vehículo eléctrico | Obligatoria | 0.3 |
200183 | Subvenciones y tramitaciones | Obligatoria | 0.2 |
200184 | Ejercicios prácticos | Obligatoria | 2.1 |
Máis información
http://eafp.uvigo.gal/docs/Folleto_Eficiencia_enerxetica_2023.pdf