Programas de formación adaptados a la diversidad
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1030/2
Área de interese principal: Atención á diversidade | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
07/11/2022 – 28/04/2023
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
40.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
O Programa ten como obxectivo dotar ao estudantado de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos. As actividades formativas realizaranse no Campus Universitario de Vigo e no Campus Universitario de Ourense en convivencia cotiá coa comunidade universitaria co obxectivo de acadar o enriquecemento que aporta a diversidade. O título desenvólvese en colaboración coas Asociación Down Vigo e Asociación Down Ourense, entidades especializadas na atención a persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual que proporcionan unha resposta á necesidade de familias e persoas con diversidade intelectual.
Estes ensinos están financiado polo ?Programa Unidiversidad curso 2022-2023: programas universitarios de formación para el empleo dirigidos a jóvenes con discapacidad intelectual, del desarrollo y/o del espectro autista inscritos en el sistema nacional de garantía juvenil? da Fundación ONCE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Director/a:
Noelia María Rivera Vázquez
Entidade organizadora:
Escuela Abierta de Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
17/10/2022 – 28/10/2022
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
07/11/2022 – 11/11/2022
Modalidade
Docencia presencial/virtual
400 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus Remoto
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
349 € | 314.1 € | 296.65 € |
Observacións aos prezos
Estes ensinos están subvencionados polo Programa Unidiversidad curso 2022 2023: programas universitarios de formación para el empleo dirigidos a jóvenes con discapacidad intelectual inscritos en el sistema nacional de garantía juvenil da Fundación ONCE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, polo que o alumnado está exento do pagamento.
Obxectivos
Proporcionar formación universitaria á mocidade con discapacidade intelectual enfocada a mellorar a súa autonomía, a súa formación académica e a súa preparación laboral
Condicións de acceso
Poderán solicitar a prescrición no programa as persoas con idades comprendidas entre 18 e 29 anos, con discapacidade intelectual recoñecida igual ou superior ao 33 % e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. As persoas solicitantes teñen que acreditar estudos formativos preuniversitarios adecuados para o aproveitamento da formación e deberán poder desprazarse con autonomía ao Campus Universitario. Ademáis deben manisfestar o seu desexo de formarse e ter unha conduta social axustada para garantir unha inclusión adecuada nunha contorna inclusiva como é a universidade.
Criterios de selección
A admisión será efectuada pola comisión académica do título en base a documentación presentada polas persoas interesadas. Para este e outros aspectos de desenvolvemento do programa, a UVigo contará coas Asociacións Down de Vigo e Ourense e, de ser o caso, con outras entidades da discapacidade. Será esta comisión, tras unha completa avaliación psicopedagóxica, quen valore a idoneidade das personas candidatas e decida a selección do estudantado participante no programa. A Comisión resérvase o dereito a entrevisar ás personas candidatas así como de facer as avaliacións que considere necesarias.
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200123 | Habilidades emocionales | Obligatoria | 4.0 |
200124 | Matemáticas | Obligatoria | 4.0 |
200125 | Cultura y sociedad | Obligatoria | 4.0 |
200126 | Expresión y comunicación | Obligatoria | 4.0 |
200127 | Comunicación y atención al cliente | Optativa | 3.0 |
200128 | Informática aplicada a la gestión de la empresa | Optativa | 4.0 |
200129 | Fundamentos de gestión y administración de empresas | Optativa | 3.0 |
200130 | Introducción a las finanzas | Optativa | 3.0 |
200131 | Inglés Campus Vigo | Optativa | 3.0 |
200132 | Informática aplicada a la gestión turística del patrimonio cultural | Optativa | 2.0 |
200133 | Emprendimiento y fundamentos básicos de empresas turísticas del patrimonio y la cultura | Optativa | 2.0 |
200134 | El mundo de la restauración | Optativa | 4.0 |
200135 | Turismo termal | Optativa | 2.0 |
200136 | Arte y patrimonio y paisajes con arte rupestre | Optativa | 2.0 |
200137 | Conocer, difundir y proteger los paisajes con arte rupestre | Optativa | 2.0 |
200138 | Inglés Campus Ourense | Optativa | 2.0 |
200139 | Prácticas externas | Obligatoria | 8.0 |
Máis información
http://eafp.uvigo.gal/gl/campus-aberto/atencion-a-diversidade/