Especialista en Electrónica para Compoñentes de Automoción

Especialista

Ámbito: Código: TCS:1022/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

16/09/2022 – 17/06/2023

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

30.0 ECTS

Estado

En curso

10 prazas

 

Descrición

Na automoción e imparable a incorporación da electrónica tanto nos produtos como nos
procesos produtivos. Existe nas empresas deste ámbito a necesidade de reciclaxe e
actualización de coñecementos, habilidades e capacidades do persoal que por formación e
titulación non traballan no ámbito dos circuítos e sistemas electrónicos.
Neste Título faise unha revisión dos coñecementos e habilidades relacionadas ca selección,
especificación e deseño de circuítos electrónicos que se incorporan no automóbil con especial énfase nos dispositivos de Electrónica de Potencia, nos sensores e circuítos de acondicionamento de sinal, nos circuítos e protocolos de comunicación, nos sistemas de adquisición de datos e no uso do microcontroladores para construír centralitas e unidades de control.

 

Director/a:

Jose Fariña Rodriguez, Maria Jose Moure Rodriguez

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
15/06/2022 – 30/07/2022


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/08/2022 – 09/09/2022

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

300 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Campus)

 

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
1475 € 1327.5 € 1253.75 €

Observacións aos prezos
Prezo xeral: 1475 ?
Comunidade Alumni UVigo: 1327,5 ?
Comunidade Universitaria UVigo: 1253,75 ?
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 1253,75 ? (enviar no prazo de matrícula documentación acreditativa a prezospublicos@uvigo.gal)

 

Obxectivos

O obxectivo do curso e a especialización en Electrónica Industrial de Enxeñeiros que por
formación teñan escasos coñecementos nesa área de actividade, e que a súa actividade
profesional estea a esixir unha actualización dos mesmos. O nivel de coñecementos
adquiridos polo alumnado permitiralles entender a funcionalidade dos dispositivos e
circuítos que forman un equipo electrónico como compoñente de automoción, así como
participar na especificación de novos circuítos neste ámbito.

 

Destinatarios

PERFIL DE INGRESO: Os destinatarios do Curso son Enxeñeiros non especialistas en Electrónica Industrial que pola súa actividade profesional precisen de coñecementos para entender, manexar ou realizar especificacións de funcionamento de equipos electrónicos. Con esta formación, estes enxeñeiros poderán participar en proxectos ou actividades nos que se incorporen ou utilicen dispositivos ou circuítos electrónicos, mellorando a comprensión do funcionamento e optimizando os resultados.
REQUIRIMENTOS DE ACCESO AO TÍTULO : Para acceder a este título deberá cumprir algunha das
seguintes condicións: Posuír o título de Enxeñeiro Mecánico (Grao ou Máster) ou
equivalente, ter o título de Grao dalgún dos graos que dan acceso o Máster de Enxeñeiro Industrial que non sexa específico de Electrónica Industrial, ter o título de Enxeñeiro Industrial e ter calquera outra titulación Universitaria que a Comisión Académica considere adecuada.

 

Saídas Profesionais

O remate a titulación o alumando terá:
‐ Os coñecementos necesarios para entender e aplicar as especificacións dos circuítos
e sistemas electrónicos que se incorporan nun automóbil,.
‐ Coñecementos sobre o funcionamento dos sensores e dos circuítos de
acondicionamento de sinal.
‐ A capacidade de entender e aplicar as especificacións dos protocolos de
comunicación utilizados na automoción.
‐ A capacidade para facer e negociar as especificacións funcionais e eléctricas dos
equipos de verificación de funcionamento dos compoñentes electrónicos.
‐ Coñecemento sobre a estrutura e bloques funcionais que forman as unidades de
control (ECUs) dun automóbil.
‐ Habilidade para usar programas informáticos de simulación de circuítos e sistemas
electrónicos.

 

Competencias Específicas

CÓDIGO COMPETENCIA
CE1 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos electrónicos
CE2 Coñecer e saber usar os bloques funcionais de Electrónica
CE3 Saber usar ferramentas informáticas de simulacion de circuitos electrónicos
CE4 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos de electrónica de potencia
CE5 Coñecer tecnoloxías de electrónica dixital
CE6 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microcontroladores
CE7 Coñecer os fundamentos e aplicacións de sensores no ámbito da automoción
CE8 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos para a adquisición de datos.
CE9 Coñecer, identificar e saber usar circuitos e protocolos de comunicación de información en automoción
CE10 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de adquisición de datos
CE11 Capacidade para configurar e programar sistemas de adquisición de datos.
CE12 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de control baseados en microcontroladores
CE13 Capacidade para programar sistemas de control baseados en microcontroladores

 

Criterios de selección

1) Grao ou Máster Enxeñeiro Mecánico
2) Enxeñeiro Industrial
3) Grao que habilita o acceso ao Máster Enxeñeiro Industrial
4) Outras titulacións que a Comisión Académica considere adecuadas

 

Materias

id nome caracter créditos
200073 Dispositivos electrónicos y electrónica analógica Obligatoria 3.7
200075 Electrónica de potencia en automoción Obligatoria 2.3
200076 Electrónica digital y microcontroladores Obligatoria 3.0
200077 Sensores Obligatoria 3.0
200078 Electrónica para la adquisición de datos Obligatoria 3.0
200079 Comunicación de información en automoción Obligatoria 3.0
200080 Sistemas de adquisición de datos Obligatoria 3.0
200081 Microcontroladores – Programación Obligatoria 3.0
200082 Proyecto de sistema electrónico de adquisición de datos Obligatoria 3.0
200083 Proyecto de sistema electrónico de control basado en microcontrolador Obligatoria 3.0

 

Titulación

Especialista en electrónica para componentes de automoción