Especialista
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1020/2
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades
Inicio e fin
19/10/2023 – 16/05/2024
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
30.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
Trátase do primeiro título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo emitido por unha universidade española. No devandito título tanto se ofrece a formación máis exhaustiva no ámbito da localización tradicional como se profunda en ámbitos específicos actuais tales como a interpretación especializada. Todo iso, impartido por profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional para que o alumnado posúa unha visión real, completa e próxima da práctica profesional.
Director/a:
Ramon Méndez González, José Yuste Frías, Óscar Ferreiro Vázquez e Emmanuel Bourgoin
Email contacto:
etivigo@gmail.com
Entidade organizadora:
Escuela Abierta de Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/06/2023 – 04/09/2023
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
17/07/2023 – 11/09/2023
Modalidade
Docencia presencial/virtual
200 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Filoloxía e Tradución. Newton 9 (Pavillón C)
Horario
Xoves e venres de 16h a 21h (salvo festivos e pontes, cun cronograma dispoñible na páxina web para que o alumnado coñezca as datas)
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
1400 € | 1260 € | 1190 € |
Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 1190,00 € (enviar no prazo de matrícula a documentación acreditativa ao enderezo prezospublicos@uvigo.gal)
Estudantado do Máster en Traducción para a Comunicación Internacional (UVigo): 840,00 €
Obxectivos
O título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) ofrece unha visión completa de todos os ámbitos deste sector, con vistas a formar especialistas no exercicio profesional da tradución e interpretación.
Os obxectivos do curso son:
- Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente o labor localizadora na industria do videoxogo.
- Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente os labores de revisión e control de calidade (testeo) de videoxogos.
- Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente os labores de interpretación especializada na industria do videoxogo.
- Adquirir os coñecementos e as competencias transversais que se necesitan para saber traballar con diferentes culturas e afrontar adecuadamente todas as complexidades lingüísticas do día a día da industria do videoxogo.
Destinatarios
Nos requirimentos de acceso ao título de especialista debe figurar que os/as solicitantes deben cumprir algúns dos seguintes requisitos:
- Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.
- Cumprir os requisitos de acceso ao título de especialista.
- Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
- Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
Saídas Profesionais
O alumnado será quen de localizar un videoxogo en calquera rama de especialización (tradución, revisión, tradución para a prensa, interpretación, etc.) así como traballar en equipo.
Competencias Específicas
CB1 Posuír coñecementos nunha área de estudo que parte da base da formación previa na titulación específica en Tradución e Interpretación.
CB2 Capacidade para aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación de forma profesional, así como posuír as competencias adecuadas para a defensa de argumentos e a resolución de problemáticas dentro do ámbito de estudo.
CB3 Capacidade para a recompilación e correcta interpretación de datos relevantes ao ámbito de estudo, así como capacidade para reflexionar sobre eles e valoralos.
CB4 Lograr transmitir información, ideas e solucións a un público tanto especializado como xeneralista.
CE1 Capacidade para tomar decisións
CE2 Capacidade para traballar en equipo
CE3 Capacidade para xestionar o tempo e o traballo
CE4 Capacidade para resolver conflitos e ofrecer solucións
CE5 Capacidade para xestionar as emocións
CE6 Capacidade para afrontar problemáticas habituais do ámbito
CT1 Capacidade de organización e xestión de proxectos
CT2 Capacidade para liquidar problemáticas culturais transversais
CT3 Capacidade analítica e resolución de problemas
CT4 Capacidade de adaptación a cada situación
Condicións de acceso
Os solicitantes deben cumprir algúns dos seguintes requisitos:
- Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título
estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas. - Cumprir os requisitos de acceso ao título de especialista.
- Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
- Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Xustificante de pago
- Currículo académico, investigador e profesional
- Expediente académico
- Carta de motivación
Criterios de selección
- Tipo de titulación de acceso: 25%
- Nota media do expediente académico: 15%
- Formación específica: 15%
- Experiencia profesional relacionada: 15%
- Carta de motivación: 30%
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200049 | Teoría de la localización | Obligatoria | 5.0 |
200050 | Práctica de la localización | Obligatoria | 12.0 |
200051 | Actividades transversales de la localización | Obligatoria | 8.0 |
200316 | Trabajo final del título | Obligatoria | 5.0 |
Observacións sobre as prácticas
Prácticas externas extracurriculares opcionais. 50 horas.
As prácticas son unha boa experiencia tanto para o alumnado como para as empresas que buscan novos talentos.
Por iso mesmo, o título ofrece a posibilidade de organizar prácticas extracurriculares coas empresas que poidan mostrar interese nelas. As devanditas prácticas serían extracurriculares e estarían supeditadas ao interese de empresas en ofrecelas. Asegúranse un mínimo de 5 prácticas.
Nas edicións anteriores, houbo prácticas con empresas como: Inlingo, GameReactor, Corvus Belli, Gato Salvaje, Polygon‐E, Localize Direct, LocaliseMe, Wordlab, Riotloc, Tesura, Melgocinema ou MUVI, entre outras.
Avaliación
As probas de avaliación terá lugar ao final da formación de cada materia, cun traballo final que se entregara o último día de curso.
Para completar o título, o alumnado deberá asistir, como mínimo, ao 80% das clases, así como superar as probas de avaliación. As prácticas, ao seren optativas, non serán obrigatorias e non influirán na obtención do título.
Titulación
Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV)