Programa de Maiores – Ciclo Intensivo

Ámbito: MultidisciplinarCódigo: PUMINTVOU

Datas

04/10/2021 – 29/05/2022

Modalidade

Presencial

Créditos

54 ECTS

Campus

Campus de Ourense

 

Descrición

É un programa deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, favorecendo un estilo de vida activo e saudable.

 

Director/a académico

Alberto Vaquero García

Contacto

Área de Servizos á Comunidade
988 387 102 | asc-ou@uvigo.es

Período de matrícula:

12/07/2021 – 22/10/2021

Inscrición pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

1.350 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Horario

As clases e sesións de traballo desenvolveranse polo serán, preferentemente dous ou tres días á semana, de luns a venres.

Listaxe de horarios

Lugar de impartición
Campus de Ourense

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
125,00 € * 125,00 € * 125,00 € *

* Curso completo (18 créditos): 125,00 € | Materias soltas: 8,00 €/crédito | Apertura de expediente: 22,31 € | Documentación e soporte para a matrícula en liña: 1,75 € | Expedición e mantemento da TUI: 4,79 €

 

Destinatarios

O ciclo intensivo está dirixido a todas as persoas maiores de 55 anos que teñan o tempo suficiente para o estudo e a integración nas diversas actividades con desexos de achegar a súa experiencia, así como de participar na vida académica, sen necesidade de titulación previa.

No caso de que as prazas ofrecidas non quedasen cubertas, poderanse admitir estudantes con idades inferiores aos 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos.

 

Materias

 

Prazas

As convocatorias anuais de matrícula establecerán o número máximo e mínimo de novos e novas estudantes que poderán ser admitidos no programa en cada un dos campus. Actualmente son 50 prazas.

 

Créditos e materias

O ciclo intensivo ten unha carga académica de 54 créditos ECTS, distribuídos en materias de 3 créditos ECTS e en actividades complementarias de 1,5 créditos ECTS. O estudantado poderá cursar un máximo de 18 créditos por curso académico, distribuídos en dous cuadrimestres dun máximo de 9 créditos cada un deles.

As materias estarán encamiñadas á divulgación de diferentes temas científico-culturais, facilitando a análise e a reflexión sobre aspectos relacionados con eles mesmos e outras persoas; o contorno natural, social, cultural e científico; a evolución e as achegas da humanidade; a sociedade e a cultura actual e futura. Tamén terán como obxectivo, no seu conxunto, iniciar posibles orientacións temáticas con vistas á continuación de estudos no ciclo integrado.

As actividades complementarias, cunha carga académica de 1,5 créditos ECTS, correspondentes a 45 horas de dedicación efectiva total do estudantado, están orientadas a afondar nalgúns temas concretos das ensinanzas; a proporcionar formación práctica sobre aspectos concretos a través de obradoiros; a facilitar as relacións interpersoais, interxeracionais e interculturais; e a promover o acceso a actividades culturais e recreativas.

Por outro lado, o alumnado poderá validar ata un máximo de 1,5 créditos ECTS por curso académico por participar en actividades obxecto de recoñecemento recollidas no regulamento aprobado no Consello de Goberno do 12 de febreiro de 2014, sempre que se desenvolvan durante o período de estudos do ciclo intensivo. Cada 30 horas de dedicación total do alumnado a estas actividades computará como 1 crédito ECTS.

En ningún caso os créditos cursados no ciclo integrado poderán computarse ou validarse como créditos do ciclo intensivo.

 

Título

Unha vez superados os 54 créditos ECTS dos que se compón o ciclo intensivo, outorgarase a correspondente acreditación mediante un título propio de «universitario ou universitaria sénior».


Tes a decisión tomada?

Matricúlate