É un programa deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, favorecendo un estilo de vida activo e saudable

Información básica

A quen vai dirixido o ciclo integrado?

Poderán solicitar o acceso aos estudos que configuran o ciclo integrado:
a) O alumnado que superase os estudos correspondentes ao ciclo intensivo ou programas universitarios equivalentes.
b) As persoas maiores de 50 anos que, sen ter cursado ou superado os estudos sinalados no punto a), acrediten estar en posesión dun título oficial universitario ou legalmente equivalente.

Horario

O horario de impartición das materias deste ciclo será o que figure no centro onde se imparte esa materia.

Prazas

As prazas ofertadas para cada materia atópanse nos impresos de matrícula de cada campus.

Créditos e materias

O ciclo consta de 36 créditos. O alumnado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.
En ningún caso os créditos cursados no ciclo intensivo do Programa para maiores poderán computarse ou validarse como créditos do ciclo integrado.

A oferta de materias no ciclo integrado realizarase cada curso académico con materias que sexan impartidas nese momento nalgunha das titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo, e que cada centro oferte para o Programa para maiores.

As materias ofertadas clasificaranse en catro ámbitos de coñecemento en función da titulación de orixe: humanidades, ciencias, enxeñaría ou ciencias sociais e xurídicas. Para a matrícula, o alumnado do ciclo integrado deberá elixir entre todas as materias de grao que se lle oferten no campus elixido, e que se desenvolverán ao longo dos dous cuadrimestres en cada un dos campus.

Dirección comercial II
Contabilidade de custos
Auditoría
Contabilidade financeira avanzada
Bioloxía: Evolución
Xeoloxía: Xeoloxía
Bioloxía: Solo, medio acuático e clima
Botánica II: Arquegoniadas
Avaliación de impacto ambiental
Biodiversidade: Xestión e conservación
Contaminación
Xeoloxía: Xeoloxía I
Bioloxía: Bioloxía II
Química: Química II
Xeoloxía: Xeoloxía II
Botánica mariña
Sedimentoloxía
Medios sedimentarios costeiros e mariños
Xestión mariña e litoral
Métodos en análise xeográfica
Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
Dereito: Dereito romano
Dereito internacional público
Dereito civil II. Dereitos reais
Dereito financeiro e tributario I
Dereito financeiro e tributario II
Réxime fiscal da empresa
Dereito: Dereito mercantil
Finanzas
Química: Química I
Química: Química II
Química analítica III
Socioloxía: Introdución á socioloxía das relacións laborais
Economía: Principios de economía
Socioloxía do traballo
Dirección estratéxica de empresas
Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés
Introdución á teoría da tradución e a interpretación
Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
Tradución idioma 2, III: Alemán-Español
Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Español
Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Alemán-Español
Dereito mercantil
Historia económica e do comercio
Prospección e avaliación de recursos
Cartografía temática e teledetección
Rochas industriais e ornamentais
SIX e ordenación do territorio
Xeofísica, xeoquímica e xeotermia
Oficina técnica
Tecnoloxía medioambiental
Historia: Historia das culturas ibéricas
Retórica e poética
Latín e literatura grecolatina
Literatura española medieval
Literatura española do século XVII
Literatura española dos séculos XX-XXI
Literatura hispanoamericana I
Estética: Palabra e imaxe
Prácticas textuais: Escritura dramática
Prácticas textuais: Ensaio
Dereito: Dereito constitucional I

Título

Unha vez superados 36 créditos ECTS dos que se compón o ciclo integrado, outorgaráselle un título propio de «universitario ou universitaria superior sénior». No caso de que o alumno ou alumna supere un mínimo de 24 créditos dun mesmo ámbito de coñecemento, engadiráselle ao título obtido o recoñecemento como experto ou experta no ámbito correspondente.


Tes a decisión tomada?

Matricúlate