É un programa deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, favorecendo un estilo de vida activo e saudable

Información básica

A quen vai dirixido o ciclo integrado?

Poderán solicitar o acceso aos estudos que configuran o ciclo integrado:
a) O alumnado que superase os estudos correspondentes ao ciclo intensivo ou programas universitarios equivalentes.
b) As persoas maiores de 50 anos que, sen ter cursado ou superado os estudos sinalados no punto a), acrediten estar en posesión dun título oficial universitario ou legalmente equivalente.

Horario

O horario de impartición das materias deste ciclo será o que figure no centro onde se imparte esa materia.

Prazas

As prazas ofertadas para cada materia atópanse nos impresos de matrícula de cada campus.

Créditos e materias

O ciclo consta de 36 créditos. O alumnado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.
En ningún caso os créditos cursados no ciclo intensivo do Programa para maiores poderán computarse ou validarse como créditos do ciclo integrado.

A oferta de materias no ciclo integrado realizarase cada curso académico con materias que sexan impartidas nese momento nalgunha das titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo, e que cada centro oferte para o Programa para maiores.

As materias ofertadas clasificaranse en catro ámbitos de coñecemento en función da titulación de orixe: humanidades, ciencias, enxeñaría ou ciencias sociais e xurídicas. Para a matrícula, o alumnado do ciclo integrado deberá elixir entre todas as materias de grao que se lle oferten no campus elixido, e que se desenvolverán ao longo dos dous cuadrimestres en cada un dos campus.

Historia: Historia económica
Economía: Economía española e mundial
Empresa: Xestión de empresas
Políticas económicas
Réxime fiscal da empresa I
Teoría da organización
Lingua estranxeira para a empresa
Réxime fiscal da empresa II
Socioloxía do traballo
Fisioloxía
Química orgánica
Hixiene alimentaria
Políticas alimentarias
Análise e control da calidade en enoloxía
Dereito: Dereito constitucional I
Dereito: Dereito romano
Economía: Principios de economía
Dereito: Introdución ao dereito civil e dereito da persoa
Dereito: Dereito constitucional II
Dereito civil I. Obrigas e contratos
Dereito penal I
Sistema xudicial español e proceso civil
Dereito civil II. Dereitos reais
Dereito civil III. Familia e sucesións
Dereito do traballo e da seguridade social
Dereito financeiro e tributario I
Argumentación e interpretación xurídica
Sistemas xurídicos contemporáneos: Dereito continental e dereito anglosaxón
Dereito de danos e responsabilidade civil
Comunicación: Lingua española
Educación: Desenvolvemento motor
Didáctica da lingua e a literatura infantil
Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe da lectura, escritura e cálculo
Lingua estranxeira a través da literatura infantil ou xuvenil: Francés
Didáctica das artes plásticas e visuais
Diagnóstico e análise de necesidades socioeducativas
Educación social no sistema educativo
Intervención socioeducativa nas condutas aditivas
Intervención en saúde e educación social
Socioloxía do consumo e identidades culturais
Sistemas de benestar social comparados
Xénero, violencia e intervención social
Empresa: Contabilidade de organizacións turísticas I
Economía: Introdución á economía
Xeografía: O turismo no mundo actual
Dereito: Lexislación turística
Linguas estranxeiras para o turismo IA: Inglés
Recursos territoriais
Linguas estranxeiras para o turismo ID: Portugués
Linguas estranxeiras para o turismo IIA: Inglés
Patrimonio cultural
Linguas estranxeiras para o turismo IID: Portugués
Fiscalidade de empresas turísticas
Xestión de destinos de interior
Historia: Introdución á etnoloxía
Teoría e método da arqueoloxía
Prehistoria universal
Historia antiga universal
Historia moderna universal
Historia contemporánea universal
Historia da arte medieval
Arqueoloxía aplicada
Historia antiga da Península Ibérica
Prehistoria da Península Ibérica
Historia moderna de España
Mundo actual
Historia antiga do noroeste da Península Ibérica
Historia moderna de Galicia
Prehistoria do noroeste da Península Ibérica

Título

Unha vez superados 36 créditos ECTS dos que se compón o ciclo integrado, outorgaráselle un título propio de «universitario ou universitaria superior sénior». No caso de que o alumno ou alumna supere un mínimo de 24 créditos dun mesmo ámbito de coñecemento, engadiráselle ao título obtido o recoñecemento como experto ou experta no ámbito correspondente.


Tes a decisión tomada?

Matricúlate