Nunca é tarde para formarse

O Programa Universitario de Maiores desenvólvese nos tres campus da Universidade de Vigo e pretende facilitarlles ás persoas adultas o seu desenvolvemento cultural, social e persoal, e colaborar con eles en xusta correspondencia ao que, co seu traballo e esforzo, achegaron á nosa institución. Trátase, pois, dunha oferta de estudos para as persoas que, por diferentes razóns, non puideran acceder á universidade no seu momento ou que, sendo xa titulados, teñan inquietudes por continuar a súa formación.

Ciclo intensivo

As materias deste ciclo están encamiñadas á divulgación, á análise e á reflexión sobre aspectos de diferentes temas científico-culturais; o contorno natural, social, cultural e científico; a evolución e achegas da humanidade; e a sociedade e a cultura actual e futura.

Tamén terán como obxectivo, no seu conxunto, iniciar posibles orientacións temáticas con vistas á continuación de estudos no Ciclo Integrado. As actividades complementarias, están orientadas a afondar nalgúns temas concretos das ensinanzas; a proporcionar formación práctica sobre aspectos concretos a través de obradoiros; a facilitar as relacións interpersoais, interxeracionais e interculturais; e a promover o acceso a actividades culturais e recreativas.

Máis información

Ciclo integrado

Este ciclo permite cursar aquelas materias ou disciplinas pertencentes ás diferentes titulacións oficiais da Universidade de Vigo nas que se oferten prazas específicas para o Programa Universitario de Maiores.

Estes estudos levaranse a cabo xunto co estudantado matriculado nas correspondentes titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo, nas mesmas aulas e horarios, e en igualdade de circunstancias agás a obrigatoriedade de participar nos procesos de avaliación establecidos para o estudantado dos estudos oficiais de grao.

Máis información


 

Preinscribete

 

 

Máis información

Se tes algún problema coa preinscrición, contacta con nós:

Campus de Ourense

Área de Servizos á Comunidade

Edificio Administrativo
Campus As Lagoas (Campus Norte)
32004 Ourense

+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es
De 9.00 a 14.00 h 1

Campus de Pontevedra

Secretaría de Alumnado Sénior

E.E. Forestal
Campus A Xunqueira s/n
36005 Pontevedra

+34 986 801 702
maiores.pontevedra@uvigo.es
De 9.00 a 14.00 h 1

Campus de Vigo

Negociado de Xestión do PUM

E.E. Industrial
Rúa Torrecedeira 86
36201 Vigo

+34 986 812 257
maiores@uvigo.es
De 9.00 a 14.00 h 1

1 presencial con cita previa.
 

Formulario de contacto