Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

O grupo de Investigación XEODA, ofrece un conxunto de actividades didácticas e divulgativas cuns contidos asociados á exposición permanente de minerais situada na Escola de Minas e Enerxía para que sexan un recurso didáctico complementario de materias vinculadas á exposición, como a xeoloxía, os recursos naturais, a enerxía, os materiais e o medio ambiente, temas todos eles relacionados de forma directa cos títulos que se imparten na Escola.

 

Coordinador/a

Natalia Caparrini Marín

986 813 490 | nataliac@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Crear un espazo de encontro que vincule a colección de minerais con las Ciencias da Terra e con os contidos asociados aos graos que se imparten na EME.
  • Ofrecer actividades didácticas e divulgativas como recursos didácticos complementario, para incentivar o traballo dos estudantes nas sesións de prácticas das materias vinculadas á exposición.
  • Transmitir unha mensaxe comprensible, breve, artísticamente agradable e organizada pensando en que o seu público desexe buscar máis información motivado polo coñecemento novo.
  • Poñer de manifesto a importancia dos recursos naturais no planeta en xeral e en Galicia en particular, e reforzar a mensaxe da importancia do noso patrimonio natural próximo.
  • Vincular o ámbito académico e as tarefas docentes e investigadoras desenvolvidas desde centro co ámbito empresarial e a explotación sostible dos recursos naturais dos/as titulados/as da escola.

 

Resultados

Creación do “Museo de Minerais de EME”, un espazo onde se poidan exhibir de forma permanente a colección de Minerais e Deseño de actividades vinculadas ao mesmo (http://minaseenerxia.uvigo.es/es/institutos/divulgacion/eme-minerais/):

  •  Deseño do Museo.
  •  Elaboración dos paneis onde se describan as características xerais da exposición.
  •  Descrición dos exemplares (especie, variedade, fórmula química, hábito, dimensións…).
  •  Elaboración do catálogo da exposición.
  •  Organización de visitas guiadas ao museo.
  •  Implementación dun Museo Mineralóxico Virtual complementario á visita presencial.
  •  Ampliación do museo con coleccións de rochas.
  •  Organización de charlas, conferencias e/ou xornadas vinculadas ao museo.
  •  Taller de Recoñecemento de Minerais e Rochas.
  •  Participación en feiras de minerais.

 

Participantes

  • Leandro Alejano Monje.
  • Elena Alonso Prieto.
  • Bienvenido Díaz Ferrer.
  • Susana Lagüela López.
  • Ignacio Pérez Rey.
  • José Santiago Pozo Antonio.
  • Teresa Rivas Brea.