Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Rede I+S investiga sobre o deseño e avaliación de procedementos educativos innovadores que leven un cambio eficaz aos procesos de ensino-aprendizaxe e por tanto á mellora de rendemento educativo do alumnado.

Os motivos da creación deste grupo son a utilización e avaliación do impacto de estratexias didácticas interdisciplinares utilizando unha metodoloxía de proxectos (PBL) entre diferentes titulacións. Isto supón a integración e cooperación do estudantado que pertence aos diferentes graos e achegan o seu coñecemento de forma común.

 

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Tomar conciencia sobre a importancia de investigar sobre a propia realidade docente para mellorala e adoptar medidas de cambio e mellora nos procesos de ensino-aprendizaxe.
  • Adoptar estratexias didácticas innovadoras que permitan o aumento da motivación do alumnado e a mellora no rendemento académico.
  • Utilizar metodoloxías que permitan unha adaptación dos contidos ás demandas da sociedade avaliando competencias relacionadas co futuro dominio profesional do estudantado, e polo tanto, coas súas competencias profesionais.
  • Xerar mecanismos de formación do profesorado interdisciplinar de forma que se enriqueza mutuamente dos diferente ámbitos formativos.
  • Xerar sistemas de comunicación aberta e fluída entre os membros do grupo (comunicación interna) pero tamén co exterior (empresas etc.) de forma que pase a incorporarse á estrutura académica e do sistema formativo.
  • Acadar sistematizar e executar de forma consciente e controlada o desenvolvemento estratéxico de proxectos de forma que a innovación non sexa unha práctica illada senón que responda a unha necesidade de diferenciación estratéxica da universidade. A diferenciación é unha meta e a innovación é o proceso para conseguila.
  • Concienciarse de que a universidade non pode converterse tan so nun instrumento ao servizo da economía; é dicir, proporcionar unicamente saber útil ao mercado, senón que debe fomentar no seu estudantado as competencias que esixe a sociedade xunto o coñecemento ou unha competencia académica que supoña unha apropiación reflexiva e crítica do coñecido e un compromiso ético coa sociedade.
  • Aplicar modelos educativos baseados na interdisciplinariedade e a innovación combinando o modelo da universidade tradicional (centrado no mercado) e modelos centrados no coñecemento xa que ambos obedecen a necesidades sociais e culturais diferente, e posiblemente poidan coexistir nunha mesma contorna económica.
  • Posibilitar a colaboración para que os/as profesionais expoñan abertamente as súas crenzas e nas súas prácticas, conseguindo estender innovacións máis alá de onde se producen.

 

Participantes

  • José Carlos Caamaño.
  • Maruxa Álvarez Jiménez.
  • José Carlos Caamaño Martínez.
  • Manuel Cabaleiro Nuñez.
  • Elena de Prada Creo.
  • Lucía Díaz Vilariño.
  • Pedro Pablo Gallego Veigas.
  • José Luis González Cespón.
  • Regina Ibáñez Paz.
  • José Carlos López Vázquez.
  • Mercedes Mareque Santullano.
  • Margarita Pino Juste.
  • Susana Rodríguez Barcia.
  • Amparo Rodríguez Damián.
  • María Rodríguez Damián.
  • Carmen Ruiz Hidalgo.
  • Rogelio Santiago Carabelos.
  • Francisco José Torres Pérez.
  • José Carlos Troncoso Saracho.