Grupo de Innovación Docente

 

 

Descrición

Analizar o nivel, a evolución e os tipos de competencias adquiridas polo alumnado nas prácticas externas. Contamos cos informes (de titores e alumnado dos graos de ADE, Economía e do MGDS) para discernir e avaliar o grao de empregabilidade alcanzado por cada tipo de alumnado. Con iso, procederá estimar a influencia das prácticas para atopar e manter o primeiro emprego.

Coordinador/a

 

Obxectivos

  • Coñecer como contribúen as prácticas externas á formación integral e profesional do alumnado completando a súa aprendizaxe teórica-práctica da aula.
  • Avaliar as competencias adquiridas en relación á empregabilidade.
  • Estimar a importancia das prácticas para mellorar e favorecer a inserción laboral do alumnado.

 

Resultados

Destaca unha valoración positiva nos coñecementos, habilidades, e actitudes avaliadas sobre o alumnado con prácticas. Tamén se han detectados aspectos a mellorar que deberán ser atendidos (coa oportuna consideración por titulación) para dar a utilidade esperada á análise: orientar a formación para optimizar o encaixe da empregabilidade do alumnado coas necesidades do mercado laboral.
 

Participantes

  • Raquel Arévalo Tomé.
  • Mª Pilar Piñeiro García.
  • Begoña Urgal González.