Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Formamos parte da rede ibérica MicroMundo dende a súa creación en 2017. Mediante unha estratexia de aprendizaxe-servizo involucramos diferentes niveis educativos para buscar bacterias productoras de antibióticos en solos. Aproveitamos toda ocasión para difundir e divulgar á sociedade aspectos relacionados coa microbioloxía.

 

Coordinador/a

María José Pérez Álvarez

988 387 093 | mjperez@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Introducir a estudiantes universitarios no proxecto de aprendizaxe-servicio MicroMundo participando na busca de novos antibióticos e ensinando a facelo a través de talleres de investigación nos colexios e institutos, á vez que divulgan con rigor científico o uso racional dos antibióticos.
  • Mostrar á sociedade aspectos da microbioloxía, dende os máís básicos aos aplicados.

 

Resultados

  • Dende 2017 participaron no proxecto 13 estudantes universitarios e 75 preuniveristarios de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de 3 centros educativos. Foron defendidos 3 TFG, e a participación no proxecto está recoñecida con 1 crédito ECTS.
  • Editamos en formato dixital a guia básica do proxecto MicroMundoUVigo en galego (ISBN-13: 978-84-09-16103-4).
  • Participación nas Xornadas de eXXperimenta en feminino.
  • Organización das Xornadas de Concienciación sobre o uso dos antibióticos.
  • Aparición en medios, tanto na prensa escrita como as redes sociais e incluso a televisión galega.

 

Participantes

  • Julia Carballo Rodríguez.
  • Teresa Pérez Nieto.
  • Álvaro Rodríguez Alonso.
  • Luis Alfonso Rodríguez López.