Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

MaReMa (Materiais e Recursos en Matemáticas), é un Grupo de Innovación docente formado por profesores da Universidade de Vigo, por profesores de educación primaria e secundaria, e investigadores externos. Centrámonos na intervención e a investigación no ámbito da Educación Matemática, así como na promoción do uso de procesos manipulativos e transversais na aprendizaxe e ensino das matemáticas.

 

Coordinador/a

Marta Pérez Rodríguez

986 801 711 | marema@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Promover o uso de procesos de ensino/aprendizaxe manipulativos en contextos reais e transverais na Educación Matemática dos distintos niveis educativos.
  • Realizar intervencións educativas baseadas en procesos de ensino/aprendizaxe manipulativos en contextos reais e transversais na Educación Matemática dos distintos niveis educativos.
  • Promover o uso de procesos de ensino/aprendizaxe baseados en tecnoloxías informáticas na Educación Matemática do último ciclo da Educación Primaria, da Educación Secundaria ou da Educación Universitaria.
  • Realizar intervencións educativas centradas en procesos de ensino/aprendizaxe baseados en tecnoloxías informáticas na Educación Matemática do último ciclo da Educación Primaria, da Educación Secundaria ou da Educación Universitaria.
  • Deseñar, elaborar, utilizar e difundir materiais e recursos para a Educación Matemática.
  • Realizar investigación no ámbito da Educación Matemática.

 

Participantes

  • Marta Pérez Rodríguez.
  • José Manuel Casas Mirás.
  • Xabier García Martínez.
  • Ixchel Dzohara Gutiérrez Rodríguez.
  • Beatriz Álvarez Díaz.
  • Lorena Fernández Tresandí.
  • Raquel Manrique Martínez.

 

Colaboracións

  • Proxecto de Aprendizaxe-Servizo da Universidade de Vigo (ApS-EdInPri).
  • Proxecto de Aprendizaxe-Servizo da Universidade de Vigo (ApS-MultiForm).
  • Proxecto Educativo Xeometría 3D en Realidade Virtual: NeoTrie.