Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

O grupo desenvolve a súa actividade nas áreas de procesos químicos, petroquímicos e biotecnolóxicos, cunha clara orientación cara á integración de procesos e a economía circular. Proponse aplicar, nun contexto de multidisciplinariedad e achegamento á industria, as tendencias educativas máis recentes. Así mesmo, préstase especial atención á interacción con outros niveis educativos, ás actividades de divulgación e de cooperación coa sociedade, e ás consideracións de igualdade de xénero, comportamento ético e desenvolvemento do pensamento crítico.

 

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Mellorar os resultados da aprendizaxe e a motivación do alumnado, e favorecer o contacto directo coa industria.
  • Aplicar novas metodoloxías docentes: colaborativas, baseadas en proxectos, inversas…
  • Fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas nos mozos.
  • Integrar de modo transversal conceptos éticos e de igualdade de xénero.
  • Contribuír á formación continua do profesorado, e á visibilización da actividade docente.

 

Resultados

  • Creación de material docente con énfase en gamificación e “ flipped classroom”: material audiovisual, laboratorios virtuais, xogos en liña, cuestionarios, uso de aplicacións móbiles, redes sociais, podcast.
  • Actividades transversais multidisciplinares: seminarios sobre aspectos éticos, propiedade intelectual e industrial, actualidade, conferencias de expertos/as.
  • Colaboración con outros niveis educativos, a través de varios proxectos con estudantes de bacharelato dentro do programa STEMbach.
  • Charlas de divulgación científica en diversos ámbitos.
  • Participación en proxectos de innovación docente nacionais e internacionais.
  • Contribucións en congresos e libros de innovación docente.
  • Colaboración en proxectos e publicacións sobre a consideración transversal do xénero en estudos de enxeñería e promoción do liderado feminino.

Participantes

  • María Salomé Álvarez Álvarez.
  • Francisco Javier Deive Herva.
  • Ana María Rodríguez Rodríguez.