Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

O HIPATIA pretende organizar actividades de formación e de divulgación para complementar a docencia por parte dos alumnos converténdoos en parte activa da aprendizaxe. Para alcanzar o devandito obxectivo exporase un cambio metodolóxico no que se fomentará a aprendizaxe baseada na resolución de problemas e a aprendizaxe cooperativa levando a cabo proxectos que teñan ao alumno como punto de referencia.

 

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Motivar aos alumnos para que descubran a utilidade dos estudos que teñen os seus fundamentos na Física de forma activa.
  • Descubrir que a Física é unha ferramenta imprescindible no estudo das Ciencias Naturais.
  • Buscar mediante exemplos e actividades que os alumnos comprendan a complexidade das Ciencias da Terra e o Espazo.

 

Resultados

Na páxina web do grupo de innovación Hipatia ( https:// hipatia. uvigo.es/ ) pódense ver as actividades e resultados da actividade do grupo nos anos que levamos de existencia dende 2016. Ademáis de publicacións en revistas de docencia e participación en congresos levamos a cabo actividades tanto a nivel universitario como non universitario.

Aprender investigando e a chamada á sustentabilidade, xunto co ciclo de conferencias en ciencias da Terra, son seccións que se desenvolven anualmente e que se centran no alumnado dos graos de Enxeñería Aeroespacial e Ciencias Ambientais.

Ademáis tamén levan a cabo diversas actividades con alumnado non universitario e charlas divulgativas.
 

Participantes

  • María Inés Álvarez Fernández.
  • Juan Antonio Añel Cabanelas.
  • Alejandro Jacobo Cabreras Crespo.
  • María Teresa de Castro Rodríguez.
  • Laura de la Torre Ramos.
  • José Manuel Domínguez Alonso.
  • Antonio Ferriz Mas.
  • Luis Gimeno Presa.
  • Ramón Gómez Gesteira.
  • Raquel Olalla Nieto Muñiz.