Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

O grupo HILDEGARD (innovacion en Sexualidade, Xénero e Saúde) pretende incorporar en primer lugar as novas tecnoloxías como ferramentas didácticas para o ensino dos contidos de sexualidade, xénero e saúde, en concreto a través da utilización de Facebook e edublog. En segundo lugar a incorporación de ferramentas non convencionais como son a incorporación dentro das aulas de materiais audiovisuais como documentais e metraxes incluíndo a actividade de videoforum. En terceiro lugar desenvolver debates e as técnicas de roleplaying, panel de expertos/as e outros tipos de metodoloxías alternativas que permitan mellorar as competencias e habilidades das/os estudantes e desenvolver a reflexión e conciencia crítica nas titulacions da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense.

 

Coordinador/a

María Lameiras Fernández

988 387 121 | lameiras@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Provomover a reflexión e conciencia critica do estudiantado a través das novas teconoloxías con perspectiva de xénero (utilizacion de Facebook e edublog).
  • Incentivar a participación e a relexion critica ca utilización de metodoloxías innovadoras e materiais audiovisuais na aula e fora da aula (xornadas específicas con panel de expertas/os, webseries, ciclos de cine, actividades de roleplaying, e debates).
  • Elaboración de material didáctico innovador (a través de documentos, unidades didácticas, novelas gráficas, comics ou xogos co-educativos online) especifico das materias que imparte o grupo de docentes con perspectiva de xénero.

 

Participantes

  • María Victoria Carrera Fernández.
  • Antonio González Fernández.
  • Yolanda Rodríguez Castro.