Grupo de Innovación Docente

l

 

Descrición

Grupo de Estudos de Traducion, Tecnoloxías e Linguaxes que busca desenvolver actividades formativas que permitan que o estudantado de T&I desenvolva a capacidade para xestionar os diferentes recursos dos que dispón, tanto dende o punto de vista técnico (coñecemento e manexo de xestores de memorias de tradución, bancos de datos terminolóxicos, editores de subtítulos) como dende o punto de vista procedimental (procura e procesamento de información, toma de decisións, avaliación das necesidades dos receptores/as…)

 

Coordinador/a

Marta García González

986 812 347 | mgarciag@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Introducir fórmulas e métodos innovadores na docencia da tradución a través do estudo da integración de distintos elementos relativos á tradución, as tecnoloxías e as linguaxes.
  • Deseñar e introducir formas innovadoras de docencia da tradución que atendan á diversidade e en especial ás necesidades e ás capacidades específicas de cada estudante.
  • Deseñar, aplicar e validar métodos de avaliación que integren as competencias de emprendemento contempladas pola Unión Europea.
  • Reforzar a intradisciplinariedade dos estudos da tradución mediante colaboracións con otras áreas de relevancia para os estudos.
  • Emprender proxectos de colaboración con outros axentes do mercado, que lle permitan ao estudantado tomar contacto coa realidade profesional en diferentes eidos.

 

Resultados

Desde a creación do grupo en 2021, realizáronse varios proxectos de integración docente, entre os que destacan os seguintes:

  • Proxecto de tradución do inglés ao galego de dous volumes de banda deseñada The Cartoon Introduction to Economics: Microeconomics / Macroeconomics. A tradución é realizada por alumnos e alumnas da materia de tradución de textos económicos inglés-galego do grao en TeI e revisada por docentes de tradución e microeconomía.
  • Proxecto de integración de actividades docentes entre as materias.
  • Tradución de textos especializados: administrativa-económica e tradución científico-técnica.
  • Actividade interdisciplinar de colaboración entre estudantado de perfil mixto: alumnado de T&I colabora con alumnado de enxeñerías na revisión ou tradución de normas do eido técnico proporcionados por un cliente externo.
  • Organización do curso “Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego”, dirixido a melonar os materiais docentes dirigidos a alumnado con discapacidad visual.

Participantes

  • María José Fernández Pintelos.
  • Eduardo Luis Giménez Fernández.
  • María Teresa Veiga Díaz.