Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Busca afondar na metodoloxía Video-based-learning e Flipped-Learning.

 

Coordinador/a

Martín Llamas Nistal

986 812 171 | martin@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

Preténdese formalizar as actuacións que xa viñan realizando algúns dos membros integrantes do equipo, ao tempo que se amplía o grupo a outros/as docentes con similares inquietudes e con ganas de contribuír aos obxectivos da mellora docente que é o «leitmotiv» do presente grupo.

O noso obxectivo más próximo é a creación dun curso piloto baseado na clase inversa. Basicamente a clase inversa consiste en que o traballo que o/a estudante fai na casa pasa a facerse na clase, e o que facía na clase pasa a facerse en casa. Así pois, pretendemos planificar e desenvolver a materia de Arquitectura de ordenadores mediante a clase inversa.
O coordinador do grupo leva varios anos gravando as clases e recollendo información sobre o uso que o alumnado fai desas clases, e das implicacións na súa aprendizaxe e rendemento académico. Estes traballos foron publicados en IEEE Transactions on Education (vol.57, nº4, pp.220-228, nov. 2014. Tamén desenvolveu unha proba de aplicación mixta e progresiva de clase inversa.

Así mesmo como obxectivo a medio prazo formulamos a posible modificación do programa da materia para adaptalo ás necesidades actuais do alumnado dentro da titulación.

 

Participantes

  • Luis Modesto Álvarez Sabucedo.
  • Luis Eulogio Anido Rifón.
  • Martín Liz Domínguez.
  • Fernando Ariel Mikic Fonte.
  • Moisés Rubén Pacheco Lorenzo.
  • Juan Manuel Santos Gago.