Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Emprego de metodoloxías activas en química.

 

Coordinador/a

María Beatriz Iglesias Antelo

986 812 660 | bantelo@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Incrementar os niveis de participación en clase do alumnado.
  • Mellorar a comprensión dos conceptos fundamentais traballados na clase.
  • Capacitar ao estudantado para a aplicación correcta dos conceptos teóricos na resolución de diferentes tipos de problemas e/ou exercicios.
  • Avanzar na avaliación de competencias de diferentes materias de titulacións de grao e mestrado relacionadas coa química.
  • Elaborar materiais para a docencia en química.

 

Resultados

  • O emprego da metodoloxía de aula invertida, que implica a realización de traballo previo do alumnado a través da aula virtual e de traballo cooperativo na aula. Isto permite observar unha tendencia ascendente nos valores de diferentes indicadores dos resultados acadados polo estudantado de materias de química, durante varios cursos académicos.
  • Valoración moi positiva por parte do alumnado, coa percepción de que estas ferramentas contribúen a facilitar a súa aprendizaxe.
  • Elaboración de materiais docentes diversos: vídeos, cuestionarios online, tarefas individuais e grupais ou proxectos de laboratorio, para o seu emprego nos diferentes formatos de clases impartidas, ou para o uso do estudantado.

 

Participantes

  • Rosa Carballo Rial.
  • M.ª Soledad García Fontán.
  • Luis Muñoz López.
  • Inmaculada Prieto Jiménez.
  • Ezequiel Manuel Vázquez López.