Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

A idea principal deste grupo de innovación docente é promover unha aprendizaxe activa e centrada no alumno, que lle resulte motivador e que, ademais, permita unha evolución personalizada dentro da área de Enxeñería Química. En definitiva, búscase promover a participación activa do alumno buscando un aumento do interese polas materias implicadas, mellorando a aprendizaxe e a comprensión de conceptos básicos.

 

Coordinador/a

Begoña González de Prado

986 812 292 | bgp@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Introducir o aprendizaje activo en materias de Inxeniería Química en distintas titulacións.
  • Mellora da aprendizaxe en materias de Enxeñería Química.
  • Traballo colaborativo entre estudantes e entre profesor/alumno.
  • Creación de material docente para a súa utilización en diversas titulacións.
  • Difusión das tarefas docentes realizadas.

 

Resultados

  • Participación e coordinación de Proxectos de Aprendizaxe- Servizo ( ApS) ApS. Formación multidisciplinar para colectivos en riscos de exclusión social ou con discapacidades psíquicas ou físicas en colaboración con ACCEM, ou DOWN VIGO. ApS Camiño verde: Medio ambiente, actividade física e sotibilidade, en colaboración coa facultade de Educación física e do deporte de Pontevedra. ApS na Educación Infantil e Primaria.
  • Desenvolvemento de material de innovación docente: creación de distintos materiais multimedia (vídeos explicativos), así como cuestionarios para repasar conceptos xunto coa creación de material docente de utilización en liña.
  • Participación no programa English Friendly.
  • Participación en Congresos e Xornadas.
  • Actividades de divulgación.

 

Participantes

  • Ángeles Domínguez Santiago.
  • Olalla González Sas.
  • Ana María Rodríguez Rodríguez.