Grupo de Innovación Docente

Descrición

A educación científica e a educación para a sustentabilidade, tendo en conta a perspectiva de xénero, son os principais campos de traballo do grupo. As persoas integrantes traballan en innovación docente e formación do profesorado dende hai moitos anos, colaborando con universidades de diferentes países e institucións como a FECYT, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega.

 

Coordinador/a

Uxío Pérez Rodríguez

986 801 737| uxio.perez@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Crear sinerxías entre a educación científica, a educación para a sustentabilidade, e as ciencias do mar.
  • Contribuír á formación inicial e permanente do profesorado de todos os niveis educativos nos campos obxecto do interese do grupo.
  • Organizar actividades formativas, de divulgación e de investigación/innovación na Universidade de Vigo en colaboración con diferentes institucións.
  • Sensibilizar e formar ao profesorado, en formación inicial e permanente, en introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.
  • Colaborar no desenvolvemento do Campus CREA en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.

 

Resultados

  • Concesión de diversos proxectos de innovación educativa competitivos.
  • Publicación de artigos e capítulos de libro de impacto internacional relacionados coa innovación educativa.
  • Elaboración de materiais didácticos.
  • Organización e participación en numerosas actividades formativas (ciclos de conferencias, cursos de extensión universitaria, xornadas…).
  • Participación en congresos de innovación docente.

 

Participantes

  • María Eulalia Agrelo Costas.
  • Francisco Javier Álvarez Lires.
  • Tamara Amorín de Abreu.
  • María Aranguren Gassis.
  • Rocío Araújo Álvarez.
  • Azucena Arias Correa.
  • Antonia Blanco Pesqueira.
  • Emilio Fernández Suárez.
  • María Asunción Lorenzo Rial.
  • Sandra Martínez García.
  • Gonzalo Méndez Martínez.
  • Beatriz Mouriño Carballido.
  • Celia Olabarría Uzquiano.
  • J. Francisco Serrallé Marzoa.
  • Cristina Sobrino García.
  • Eva María Teira González.
  • M. Mercedes Varela Losada.