Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

O GID de Economía Pública e Sistema Fiscal constitúe un foro para a reflexión, coordinación e avaliación dos contidos, metodoloxías de ensino e sistemas de avaliación, así como de preparación de materiais docentes de uso compartido nas titulacións de Grao.

 

 

Obxectivos

  • Coordinación de programas, definición e homoxeneización de metodoloxías docentes.
  • Analizar as modificacións lexislativas en materia de fiscalidade, condicionantes para a súa aplicación e consecuencias. Unificar criterios.
  • Elaborar materiais docentes teóricos e prácticos comúns organizados en secuencias de aprendizaxe, para a súa distribución ó estudantado.
  • Contrastar e avaliar novas experiencias docentes.

 

Resultados

  • Materias totalmente coordinadas nas diversas titulacións.
  • Unificación de criterios interpretativos da lexislación para a docencia teórica e práctica.
  • Materiais docentes comúns actualizados e dispoñibles gratuitamente para o estudantado.
  • Unificación de metodoloxía docente e criterios de avaliación.
  • Seminarios formativos de actualización e avaliación de experiencias para o profesorado.
  • Cursos de Formación e de Extensión Universitaria.
  • Elevado grado de satisfacción do estudantado coa metodoloxía desenvolvida.

Participantes

  • Olga Alonso Villar.
  • Alberto Gago Rodríguez.
  • Xosé Manuel González Martínez.
  • Carlos Gradín Lago.
  • Xavier Labandeira Villot.
  • Santiago Lago Peñas.
  • Fidel Picos Sánchez.
  • Coral del Río Otero.
  • Miguel Rodríguez Méndez.
  • Alberto Vaquero García.