Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Creación de grupos interdisciplinarios de traballo entre estudantes de varias materias de distintas titulacións e ámbitos, formando parte da docencia regrada en diversos niveis (grao, mestrado etc).  Inclusión dos participantes en proxectos, unha vez egresados, como complemento á súa formación.

 

Coordinador/a

Antonio Pena Giménez

986 812 130 | apena@gts.uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Promover actividades en grupos multidisciplinarios que involucren a estudantes de ámbitos distintos, xa sexan en equipos de traballo amplos (5-8 estudantes) ou en equipos máis reducidos (2-3) estudantes.
  • Mellorar a formación do estudantado.
  • Xerar sinerxias a medio prazo, grazas aos contactos establecidos, que poden levar á creación de pequenas empresas ou á posibilidade de optar a maior variedade de empregos.

 

Resultados

Experiencia repetida cada curso con estudantes de Enxeñaría de Telecomunicación, Comunicación audiovisual e Publicidade e Relacións públicas que consiste en:

  •  Desenvolvemento dun xogo orixinal e implementación dun primeiro nivel xogable, en versión preAlpha. Inclúe promoción en redes sociais.
  • O xogo está inspirado nunha obra escrita (novela, guión), existindo un intercambio e debate co autor/a.
  • Diversos Traballos Fin de Grao elaborados por parellas multidisciplinarias.
  • Contratación de participantes nun proxecto para desenvolver un videoxogo.

 

Participantes

  • Ignacio Barcia Rodríguez.
  • Juan Carlos Burguillo Rial.
  • Enrique Costa Montenegro.
  • María Dolores Dopico Aneiros.
  • Luis Fernández Santiago.
  • Silvia García González.
  • Beatriz Legerén Lago.
  • Fernando Suárez Cabeza.
  • Mónica Valderrama Santomé.