Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Realización de traballos relacionados co contido das materias e en colaboración con empresas e institucións da contorna universitaria. Algúns deses traballos son interdisciplinares e realízanse formado grupos de traballo compostos por alumnos de enxeñería (Telecomunicacións e Industriais) e alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución.

 

Coordinador/a

Jorge Marcos Acevedo

986 812 095 | acevedo@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Implicar ao sector empresarial na formación de alumnos da UVIGO.
  • Que os alumnos colaboren coa industria para mellorar a súa formación e a súa empregabilidade.

 

Resultados

Esta metodoloxía denominada PBL ( Problem Based Learning) leva utilizandose na UVIGO desde o curso 1998/99. Actualmente utilízase en dúas materias da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións (unha materia do Grao e outra do Máster), unha materia do Máster de Enxeñaría Industrial e unha materia da especialidade de Eficiencia Enerxética da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Entre as empresas colaboradoras destacan, entre outras, PSA, EnergyLab, Alter Technology e Marine Instruments. Entre as institucións destaca UNE (antes AENOR).
 

Participantes

  • Francisco Javier Sánchez Real.
  • Rafael Verdugo Matés.
  • Óscar López Sánchez