Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

O grupo centra o seu traballo de innovación educativa nos clásicos da literatura española, especialmente nos textos e os contextos medievais e a súa relectura e reescritura nos séculos XIX e XX.

 

Coordinador/a

Antonio Chas Aguión

986 813 960 | achas@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Dar a coñecer a vixencia da literatura medieval e a súa rendibilidade para a creación literaria e artística contemporánea a través de soportes dixitais.
  • Promover o uso das ferramentas que proporcionan as humanidades dixitais na docencia.
  • Xerar actividades de actualización en literatura para o profesorado de ensino secundario e outros profesionais do ensino.
  • Traducir a lingua de sinais os contidos multimedia xerados polo grupo.

 

Resultados

  • Organización de seis cursos MOOC de formación en literatura española. O primeiro, creado ao abeiro dos proxectos de innovación docente da Uvigo de 2014, foi o primeiro MOOC de literatura española do ámbito hispánico.
  • Grabación de medio cento de pílulas polimedia, en español e en lingua española de sinais.
  • Creación da base de datos TECER para a aplicación das Humanidades Dixitais ao estudo e ensino da literatura.

 

Participantes

  • Leticia Placín Alonso.
  • Montserrat Ribao Pereira.