formación e innovación docente

 

Grupos de Innovación Docente

Os Grupos de Innovación Docente (GID) son grupos de traballo estables de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, innovación e renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado.
Este tipo de grupos permiten reflexionar sobre a práctica docente e constitúen un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros e ámbitos disciplinares que comparten obxectivos comúns.

 

Obxectivos

  • Favorecer a participación activa do profesorado en equipos estables que leven a cabo actividades de innovación, renovación de metodoloxías educativas e afondamento nas competencias docentes
  • Outorgar maior recoñecemento, proxección e difusión ás accións así coma ao profesorado implicado
  • Contribuír á xerar unha cultura cooperativa, interdisciplinaria e de formación permanente para o desenvolvemento profesional do profesorado
  • Priorizar a orientación dos traballos do profesorado á consecución de resultados que teñan impacto na mellora da calidade da docencia na Universidade de Vigo

 

Grupos de Innovación Docente activos

GID

Dixitais

 

GID

EDU-INNO

 

GID

EvaFiCo

 

GID

GRETTEL

 

GID

HIPATIA