formación e innovación docente

 

Programa de Formación Permanente do Profesorado

O Programa de Formación e Innovación Educativa ten como alicerce a formación do profesorado en competencias docentes universitarias, como o dominio das metodoloxías, a planificación das materias, mellora da comunicación, emprego da motivación, desenvolver a súa labor titorial ou poñer en práctica diferentes tipos de avaliación.
Cada curso estará relacionado cunha competencia e indicarase o nivel de dominio que traballa (básico, medio ou avanzado).

Destinatarios/as

O programa destinado a todo o profesorado (figuras docentes da LOU) da Universidade de Vigo e ás persoas con contratos de investigación con carga docente.
Terán preferencia as persoas que estean no POD do curso académico vixente.
Se quedasen prazas dispoñibles poderán participar outros perfís interesados na información. Esta participación non supón a adquisición de ningunha vinculación coa Universidade de Vigo.

Difusión

A información distribuirase por correo electrónico nas listas de «pdi» e pola aplicación de Uvigo! da Universidade de Vigo e polo Twitter, Instagram e Linkedin da Escola Aberta de Formación Permanente.
Acreditación
Cada unha das actividades formativas recibirá a acreditación da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado.

 

Listaxe de cursos

 

Proximamente

Curso de formación do PDI

Scrum: metodoloxías áxiles na docencia

 

 

 

Curso de formación do PDI

Análise de datos cualitativos con ATLAS.ti

 

 

Anteriores

 

 

Curso de formación do PDI

Análise de datos cualitativos con ATLAS.ti

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curso de formación do PDI

A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo