formación e innovación docente

A Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo é xestionada pola Área de Formación e Innovación Educativa, dependente da Escola Aberta de Formación Permanente (EAFP)

 

Formación

O persoal docente e investigador (PDI) ten unha triple función na Universidade: ensinar, investigar e xestionar. Pola súas complexas atribucións precisa que a súa formación sexa moi completa e estea moi actualizada.
A formación do profesorado ten como cerne a formación didáctica en competencias docentes universitarias.
A Universidade de Vigo xestiona a formación do profesorado a través das seguintes actuacións:

  • Programa de Formación Permanente do Profesorado
  • Cursos de Autoformación do Profesorado

Máis información

 

Innovación Educativa

Innovar supón “inserir variacións como o resultado dun proceso de avaliación e axuste do que se está a facer” (Zabalza, 2003) , é dicir, inserir cambios xustificados que melloren a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe.
Supón aplicar un enfoque flexible, ter un coñecemento actual dos procedementos que se que pretenden mellorar e acompañarse dun sistema de documentación, supervisión e avaliación.
As innovacións teñen que ser prácticas e viables e que se materialicen en propostas tanxibles que se poidan presentar coma resultados para compartir cos demais profesores/as e ser sometidas a debate. Ademais non se limitan a actuacións illadas senón que evolucionan para ser incorporadas no currículo formativo.
A Universidade de Vigo xestiona a Innovación Educativa a través das seguintes actuacións:

Máis información