Programa universitario para o emprego e a vida autónoma
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: PMDI21
Datas
07/11/2022 – 30/06/2023
Modalidade
Presencial
Créditos
40 ECTS
Campus
Vigo e Ourense
Descrición
O Programa ten como obxectivo dotar ao estudantado de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos. As actividades formativas realizaranse no Campus Universitario de Vigo e no Campus Universitario de Ourense en convivencia cotiá coa comunidade universitaria co obxectivo de acadar o enriquecemento que aporta a diversidade. O título desenvólvese en colaboración coas Asociación Down Vigo e Asociación Down Ourense, entidades especializadas na atención a persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual que proporcionan unha resposta á necesidade de familias e persoas con diversidade intelectual.
Estes ensinos están financiado polo “Programa Unidiversidad curso 2022-2023: programas universitarios de formación para el empleo dirigidos a jóvenes con discapacidad intelectual, del desarrollo y/o del espectro autista inscritos en el sistema nacional de garantía juvenil” da Fundación ONCE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Director/a académico
Noelia Rivera Vázquez
Contacto
Campus de Vigo: extensión@uvigo.gal, Telf. 986 813626
Campus de Ourense: asc-ou@uvigo.gal, Telf. 986 387089
Período de preinscrición:
17/10/2022 – 28/10/2022
Período de matrícula:
07/11/2021 – 11/11/2021
Acceso á páxina para a inscrición e matrícula no programa
Modalidade
Docencia presencial/virtual
300 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
100 horas
(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial
Horario
As clases terán lugar de luns a venres entre as 9.30 e as 14.00 horas (descanso de 30 minutos) de acordo co calendario académico da Universidade de Vigo.
Lugar de impartición
Na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, no caso do Campus Universitario de Vigo
Na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, no caso do Campus Universitario de Ourense
Prezos
A matrícula estará subvencionada na súa totalidade.
Obxectivos
- Proporcionar formación universitaria a mozos e mozas con discapacidade intelectual enfocada a mellorar a súa autonomía, a súa formación académica e a súa preparación laboral.
- Dotar a estes/as estudantes de habilidades e competencias necesarias para aumentar as súas posibilidades de inclusión social e laboral.
- Desenvolver experiencias inclusivas e de normalización dentro da Comunidade Universitaria da UVigo.
- Facilitar unha formación integral e personalizada para que os mozos e mozas con discapacidade intelectual poidan participar como membros de pleno dereito na súa comunidade.
- Implicar á UVigo na inclusión social de persoas con discapacidade intelectual a través da formación e a mellora da súa empregabilidade.
- Ofrecer a oportunidade as persoas con discapacidade de continuar co seu ciclo formativo, accedendo a estudos universitarios e aprender da experiencia universitaria na UVigo.
Destinatarios/as
Poderán solicitar a prescrición no programa as persoas con idades comprendidas entre 18 e 29 anos, con discapacidade intelectual recoñecida igual ou superior ao 33 % e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
As persoas solicitantes teñen que acreditar estudos formativos preuniversitarios adecuados para o aproveitamento da formación e deberán poder desprazarse con autonomía ao Campus Universitario. Ademáis deben manisfestar o seu desexo de formarse e ter unha conduta social axustada para garantir unha inclusión adecuada nunha contorna inclusiva como é a universidade.
Criterios de selección
A Comisión Académica do título, tras unha avaliación psicopedagóxica, valorará a idoneidade das persoas solicitantes e decidirá a selección do estudantado participante no programa. Así mesmo, na selección terase en conta un equilibrio entre homes e mulleres, asegurando o acceso igualitario ao programa de homes e mulleres para seguir avanzando no 5 Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Calendario
- Data de inicio : 7 de novembro de 2022.
- Data de fin: 30 de xuño de 2023.
Programa
Trátase dunha formación interdisciplinar para a mellora da empregabilidade, as competencias sociolaborais e favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual. Os profesionais de Down Vigo e Ourense, exercen a docencia directa en determinadas materias en colaboración co equipo docente da Uvigo, e realizan apoios activos dentro da aula, actuando como especialistas en pedagoxía terapéutica.
As materias son de carácter anual.
Comisión Académica
- Coordinadora: Noelia Rivera Vázquez, directora académica do Programa na edición 2022 23.
- Secretaria: Ricardo Corderí Salgado, xefe da sección de Extensión Universitaria e responsable da Unidade de Atención á Diversidade, Universidade de Vigo.
- Vogal 1: María Isabel Doval Ruiz, vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade.
- Vogal 2: Henar Quintas, directora de área de Equidade e Diversidade da Universidade de Vigo
- Vogal 3: Técnico/a de formación da Asociación Down de Vigo, designado/a pola asociación.
- Vogal 4: Técnico/a de formación da Asociación Down de Ourense, designado/a pola asociación.
Sistema de avaliación
Asistencia polo menos ao 75 % das horas totais e aproveitamento adecuado do curso.
Titulación
A superación da formación dará lugar á obtención dun título propio da Universidade de Vigo: “Formación para o emprego e a vida autónoma”.



