As Mareas de coñecemento chegan a Celanova

Unha trintena de persoas asistirán a seminarios sobre saúde, historia, arte e impostos

As Mareas de coñecemento e experiencia é un proxecto itinerante de formación universitaria que naceu ao abeiro do Programa de Maiores da Universidade de Vigo. A súa finalidade é achegar a formación, a ciencia e a cultura á poboación rural maior de 50 anos, levando aos concellos da contorna un programa de seminarios teóricos-prácticos de diferentes contidos, segundo as demandas dos concellos implicados. Este mércores, a iniciativa arranca en Celanova a súa actividade anual na provincia de Ourense.

Este programa de democratización do coñecemento, que conta cunha subvención da Consellería de Política Social e Xuventude, xurdiu no marco da Rede Galega de Programas Universitarios para Maiores en 2018 co fin de afrontar dende o eido universitario os retos do envellecemento da poboación e acadar obxectivos comúns na aprendizaxe ao longo da vida. Deste xeito, trátase de deseñar e organizar actividades formativas e de extensión cultural destinadas ás persoas que, por motivos xeográficos ou económicos, non poden asistir aos Programas Universitarios para Maiores nas sedes oficiais dos tres campus.

Ler máis….