Aberta a convocatoria de axudas para as accións de divulgación dos Grupos de Innovación Docente

A Escola Aberta de Formación Permanente acaba de lanzar unha convocatoria de axudas para a divulgación das actividades dos Grupos de Innovación Docente, GID. Estas achegas, que serán dun máximo de 500€, están destinadas á xeración de materiais docentes, ás actividades de divulgación e a participación en congresos. O obxectivo da convocatoria é crear unha rede de axudas para mellorar e optimizar a innovación educativa na UVigo. Deste xeito, as persoas coordinadoras dos Grupos de Innovación Docente poden solicitar unha destas axudas ata o 21 de maio.

Actividades obxecto da axudas
Os Grupos de Innovación Docente poderán solicitar unha das axudas desta convocatoria para a xeración de materiais docentes, como manuais, unidades didácticas, libros, capítulos, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións e software con finalidade docente. A convocatoria tamén comprende achegas para actividades de divulgación docente como xornadas, conferencias e cursos que poderán estar destinadas á comunidade universitaria ou á sociedade, así como para a participación en congresos.

As solicitudes deben ser presentadas a través da Sede Electrónica da Universidade de Vigo.

Ler a noticia completa no DUVI