12 estudantes con diversidade intelectual comezan a súa formación nun título propio da UVigo | Universidade de Vigo

Atención á diversidade
Programa Universitario para o emprego e a vida autónoma

Impártese nos campus de Vigo e, como novidade este ano, no de Ourense

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, no campus de Ourense, e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, no campus de Vigo, acolleron este luns a inauguración do Programa universitario para a o emprego e a vida autónoma. Doce persoas con diversidade intelectual, seis en cada campus, cursarán desde agora e ata xuño este título propio da Universidade de Vigo que ten como obxectivo ofertar a este alumnado competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos.

O título, que se insire dentro da oferta da Escola aberta de formación permanente da UVigo e ten como directora académica a Noelia Rivera, desenvólvese en colaboración coas asociacións Down Vigo e Down Ourense, entidades especializadas na atención a persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual, e está financiado pola Fundación ONCE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Ler a nova completa no DUVI